Poda sanitaria no gran tilo da Praza 
do peirao

80

O departamento de Parques e Xardíns está a executar traballos de mantemento e conservación en distintos espazos verdes da cidade. Nestes días traballou na Praza do peirao facendo unha poda sanitaria ao tilo que dá sombra ao parque infantil e está previsto que repoña o arborado das rúas Roxo e Poza.

Na Praza do peirao, fixéronse traballos de drenaxe no tilo da praza que xa presentaba algún problema de enfermidade. Se lle realizou unha poda para retirar as partes secas e un tratamento de drenaxe do muro de contención realizado recentemente, para evitar os empozamentos que estaban a danar á árbore.

Ademais, Parques e Xardíns reporá o arborado nas rúas Roxo e Poza (a entrada está fronte a pasarela peonil da Illa do Cobo) atendendo a unha petición dos veciños do lugar. Plantaranse as variedades ligustrum variegata e melia azedarach, as máis acaídas para rúas estreitas como estas, e previamente retiraranse os exemplares secos e trataranse os alcorques.