Poxa pública dunha egua e o seu poldro, recollidos en Salcedo

99

A sala de reunións do edificio Churruchaos acollerá o próximo mércores, 20 de abril, ás 12.30 horas, a puxa pública de dous cabalos -unha egua e o seu poldro- recollidos en Salcedo. O pequeno ten aproximadamente un mes e a egua uns nove anos. Están en aparente bo estado sanitario e non teñen identificación.

A Concellería responsábel de Sanidade Animal informa que é un lote conxunto e sae por 70 euros. Os interesados en participar na poxa pública deben depositar o prezo de saída en concepto de fianza antes das 11:30 da mañá na Tesourería municipal.

A persoa que se quede cos animais debe saber que antes de recollelos ten que identificalos correctamente co preceptivo transpondedor, e o custe corre por conta do adxudicatario.

En caso de quedar a poxa deserta entregarémosllos á Xunta de Galicia para que se lles de o destino que se decida.