Marcón celebra este domingo a décima edición da Festa da fabada

68

A Festa da fabada de Marcón chega este ano á súa décima edición, organizada polo Marcón Atlético. Será o domingo, 17 de abril, no campo da festa da parroquia e prepararán fabada para unhas 700 racións (o pasado ano venderon 500).

A fabada farase cun fondo de verduras e salgadura de porco (ourella, morro, chourizo, morcilla e touciño) durante catro horas de cocedura.

Os organizadores buscan nesta festa contribuír ás arcas do equipo para poder rematar a tempada deportiva sen demasiadas penurias económicas, por iso cobrarán 8 euros por cada ración de fabada máis pan e viño.

Está previsto que a fabada estea lista a partir das 13.30 horas.