Continúa a licitación da reforma de José Millán á que se presentan 32 empresas

35

O Concello continúa adiante coa adxudicación da reforma da rúa José Millán, situada no barrio de San Antoniño. Esta mañá celebrouse a mesa de contratación para coñecer a valoración técnica dos proxectos presentados e para abrir o sobre no que aparece a oferta económica das construtoras. O proxecto de reformada rúa José Millán ten un orzamento de licitación de 285.989,39 euros.

As empresas que teñen maior número de puntos son:

    • Nemesio Ordónez SL.
    • Construcciones, Obras y Viales
    • Ediserpo
    • Espina y Delfín

Hoxe tamén se abriu a oferta económica que, -pendente de valorar as propostas-, oscilan entre os 200.034,82 euros e os 260.989,39 euros.

O proxecto contempla un tratamento de bandas segregadas, cunha distinción física de materiais entre os distintos usos, que serán:

    • Carril de tráfico rodado, realizado en aglomerado
    • Beirarrúas,  realizadas  en  lousa  de  cemento,  confinada  por  bandas  de pedra e separada do carril de tráfico por un bordo con diferencia de nivel semellante ao das rúas circundantes.
    • Os tráficos peonís estarán priorizados fronte ós tráficos rodados.

Tamén está prevista a substitución e instalación de servizos como:

    • rede soterrada de abastecemento de auga potable
    • rede  soterrada  de  esgotos  separativa
    • rede soterrada de gas natural
    • alumeado  público
    • canalización  de  subministro  de  enerxía  eléctrica
    • canalización telefónica
    • canalización  de  cable  de  fibra  óptica

A rúa José Millán presenta nestes intres uns espazos  públicos  desaxeitados  e obsoletos  que  están  a dificultar a súa utilización por parte dos veciños. Polo  tanto,  resulta  congruente  a  súa  priorización  como  ámbito  de  actuación cara a conseguir a completa transformación da zona para o uso e disfrute.

As empresas que concurren a esta licitación son 32:

    1. Abaco CR. S.L.
    2. Actividades de construcción, edificación y viales SL (ACEVI)
    3. Atlántica de construcción y medioambiente SL.
    4. Canalis Soluciones Tecnológicas SL
    5. Canalizacións y construccións Salnés SL.
    6. Construcciones Castro Figueiro SLU
    7. Construcciones Enrique C. Casas SL.
    8. Construcciones Fechi SLU
    9. Construcciones, Obras y Viales (COVSA)
    10. Construcciones Orega SL
    11. Construcciones Rafer SL
    12. Construcciones Vale SL
    13. Construcciones y proyectos Avilleira SL.
    14. Constuctora Ediserpo SL
    15. Copcisa SA
    16. Desarrolla Obras y Servicios SL
    17. Elsamex SA
    18. Espina y Deflín SL
    19. Fontefría SLU
    20. Hordescón SL
    21. Lancer Proyectos y Obras SA
    22. Movimiento de áridos y construcciones de Arosa SL
    23. Narom SL
    24. Nemesio Ordónez SA
    25. Obras, reformas y saneamentos SL
    26. Petrolam A Veiga SL
    27. Proyecton Galicia SA
    28. Rocas graníticas del Condado SL
    29. Sergonsa Servicios SL
    30. Unica Proyectos y obras SAU
    31. Viaqua gestión integral de augas de Galicia SAU
    32. Xestión ambiental de contratas SL.