Pedalada, un ciclo de cine e unha charla sobre seguranza viaria, actividades previstas para fomentar a bici na cidade

74

Chegada a primavera, o Concello volve retomar as actividades de fomento do uso da bicliceta na cidade tanto como medio de transporte como para lecer e deportivo. O concelleiro de Mobilidade, Luís Bará presentou esta mañá as actividades do programa acompañado do colectivo Masa Crítica, así como a Asociación de enfermos de crohn e colitis ulcerosa e tamén da Asociación Amencer, que participarán activamente na máis simbólica das actividades programadas, a pedalada urbana.

A pedalada será este domingo, 24 de abril a partir das 11.30 horas, con saída e chegada do Paseo de Montero Ríos. O percorrido é urbano, chegará até a Illa do Cobo e terá un percorrido aproximado de 9 quilómetros. Ao remate haberá un avituallamento consistente en froita fresca.

Tamén está previsto o ciclo de cinema e bicicleta que proxectará dous documentais: un sobre as tensións entre os lobbys do negocio dos coches, fabricantes, petroleiras, …, e por outra banda os activistas das bicicletas e do transporte sustentabel. Unha peza para reflesionar e debatir despois da súa proxección. O segundo documental é sobre unha viaxe en bicicleta dende Portugal a China.

Tamén haberá dúas cintas de humor: unha de Jaques Tati, francesa, obra maestra do cinema cómico do absurdo europeo e outra de Tim Burton, comedia americana sobre o roubo dunha bicicleta.

As proxección son as seguintes:

    • Xoves, 21 de abril, ás 20 horas no Pazo de Mugártegui. Bicicletas vs Coches. Documental sueco de Frederik Gertten. Argumento: o mundo está inmerso nunha grande crise global que tarde ou cedo afrontarase: o cambio climático, o esgotamento dos recursos fósiles e a contaminación urbana e a dos océanos. A bicicleta convértese nunha poderosa ferramenta para o cambio, pero a industria automovilística invirte millóns de dólares cada ano para favorecer aos seus negocios. Bicicletas vs Coches presenta varios activistas e pensadores que loitan para conseguir cidades más sostibles. Néganse a deixar de ir en bicicleta, a pesar do aumento do número de mortos en accidentes de tráfico. Premios e festivais:
        • South By Southwest. Estados Unidos, 2015
        • Full Frame Documentary Film Festival. Estados Unidos, 2015
        • DocsBarcelona. España, 2015
    • Xoves 28 de abril ás 20 horas na Casa da Luz. Días de Fiesta de Jacques Tati. Comedia costumbrista sobre a vida dun carteiro. Argumento: O pobo de Saint Sévère disponse a celebrar una gran festa. As rúas adornanse con guirnaldas e bandeiras; a terraza do café está preparada para o gran baile popular. Os feirantes traen nos seus carromatos os cabaliños de madera, as tómbolas, o cine ambulante… Mentres reparte o correo, François,o carteiro, desexoso de axudar aos feirantes, monta a cucaña, pero so consegue provocar catástrofes. Premios e festivais:
        • 1949: Festival de Venecia: Nominada al León de Oro (mejor película)
    • Xoves 5 de maio ás 20 horas na Casa da Luz. As aventuras de Pee-Wee de Tim Burton. Pee-Wee ten unha flamente bicliceta vermella e branca que é a envexa dos nenos do barrio, pero, mentres compra un pito novo, alguén róuballa. Emperá logo a buscala sen descanso, pero sen éxito. Por iso acorda visitar a unha vidente para que lle diga o seu paradoiro, pero a muller equivócase. Cando Pee-Wee reanuda a búsqueda vivirá moitas aventuras: subirá ao coche dun preso fugado, viaxará cunha camioneira fantasma morta fai un ano; montará un touro salvaxe.
    • Xoves 12 de maio ás 20 h na Casa da Luz. A terre a bicyclette de Andoni Rodelgo. Documental sobre unha viaxe de Portugal a China dunha parella portuguesa. Ademais da proxección do documental, farase un coloquio cun dos ciclistas que participou nesta viaxe.

A última das actividades programadas é unha charla coloquio sobre seguridade viaria para ciclistas en vías interurbanas. Será o vindeiro xoves, 28 de abril, ás 18.00 horas na Casa da Luz. Participarán: Álvaro Pino, exciclista; Daniel Macenlle, intendente principal da Policía Local de Pontevedra, Juan Carlos Muñiz, presidente da Federación galega de ciclismo, un representante do subsector de tráfico da Dirección Xeral de Tráfico, e Lucía Vázquez, campiona de España de BTT.