Máis de 60 vivendas se beneficiarán dos fondos das ARIs de Estribela e do Centro Histórico

42

O Concello de Pontevedra celebrou nestes días a comisión de valoración das axudas presentadas á rehabilitación de edificios e vivendas nos conxuntos históricos de Pontevedra e Estribela, na que se acordou conceder axudas a máis de 60 vivendas. Na Área de Rehabilitación Integral (ARI) do Centro Histórico aprobáronse 41 actuacións (primeiras vivendas ou en aluguer) cun orzamento protexible de 544.362,86 euros, e un importe total da subvención de 149.167,58 euros. Na Área de Rehabilitación Integral do núcleo de Estribela, que este ano chega á súa sexta fase, aprobáronse 21 actuacións, con orzamento protexible de 20.919,41 euros, e un importe subvencionable de 7.321,79 euros.

Cabe lembrar que con cargo a estas subvencións, no Centro Histórico estaba previsto un financiamento de 100 actuacións nas anualidades 2015-2016, e no ARI de Estribela, 58 actuacións de rehabilitación. Dado que non se completaron os totais subvencionables, o Concello ten previsto sacar unha segunda convocatoria destas axudas, probablemente no mes de xullo.

No ARI do Centro Histórico presentáronse 16 solicitudes, e cumpriron todos os requisitos 12 expedientes que serán aprobados na próxima Xunta de Goberno. No caso do ARI de Estribela, presentáronse 5 solicitudes das cales serán aprobadas 3 en Xunta de Goberno. Os expedientes que quedaron fóra están pendentes de adxuntar nova documentación.

Cabe lembrar que a axuda económica, para a primeira fase, consistirá nunha subvención por un importe máximo do 35% do custo subvencionable das actuacións de rehabilitación de edificios e vivendas que se realicen, e cunha contía máxima por vivenda obxecto de rehabilitación de 11.000 euros.

Con estas axudas poderanse acometer calquera tipo de rehabilitación da vivenda ou dos edificios (agás acabados e decoración). Entran nestes proxectos obras de adaptación á normativa; eficiencia enerxética, espazos comúns dos edificios…

Expedientes do Centro Histórico:

Expedientes de Estribela:

O Concello de Pontevedra, o Ministerio de Fomento e a Consellería de Infraestruturas asinaron o pasado 27 de outubro o acordo de constitución da comisión bilateral para xestionar os fondos da primeira fase do ARI do Centro histórico de Pontevedra e da Área de Rexeneración e Renovación Urbana de Estribela para a xestión de 2.148.924 euros de axudas: 1.784.681 euros son para o Centro Histórico de Pontevedra, e 364.243 euros son para Estribela.  Dos 2,1 millóns de euros o Ministerio achegará 750.000 euros; o Concello 322.188 euros; e a iniciativa privada 1.076.735 euros.

Obras no ámbito público

No ámbito público, está previsto a reforma das rúas Pratería vella (92.000 euros) e Tristán de Montenegro (88.000 euros), así como inversións no xacemento ao ar de Valentín García Escudero (44.000 euros), onde está previsto mellorar o peche perimetral, a sinalética e a iluminación. Tamén se farán inversións públicas en rúas de Estribela para rematar a rúa do Mercado (24.800 euros), a rúa da Comboa e unha parte de Marqués de Valterra (31.250 euros).