A loita polo saneamento da ría une a Lores cos traballadores do mar

55

A recuperación da ría de Pontevedra é unha loita que comparte o alcalde Miguel Fernández Lores coa Asociación polo saneamento da ría. Os representantes sociais queren sentar nunha mesma mesa aos concellos da ría, a Xunta de Galicia e a Augas de Galicia co fin de comprometer unha folla de ruta para o saneamento. Lores estará nesta reunión.

O alcalde de Pontevedra deixou clara unha vez o posicionamento do Goberno local. A recuperación da ría é un obxectivo irrenunciábel que pasa necesariamente pola saída de Ence de Lourizán. O Concello seguirá traballando neste eido subliñando, unha vez máis que “quen ten os cartos e a responsabilidade de sanear é a Xunta e Augas de Galicia”. Recoñece que os concellos son “colaboradores necesarios” e lembra que Pontevedra leva invertido moito no saneamento do río Lérez ainda que quedan deberes por facer como o saneamento do Gafos, no que vai a traballar.

A Asociación pola saneamento da ría de Pontevedra agrupa ás cofradías de Lourizán, Poio e Raxó, aos bateeiros de Raxó e Samieira e puntualmente aos de Bueu. Eles apunta dous grandes problemas de contaminación: Ence e o saneamento dos concellos.

O seu presidente, Andrés Ruano, subliñou que eles están contra a permanencia de Ence máis alá do 2018 pero “mentres se queda, que nós non queremos, hai que exprimila ao máximo” para que sexa medioambientalmente exemplar e contribúa á mellora da calidade das augas da ría. Pero tamén esixen á Xunta e os concellos que actúen porque o problema de colis (fecais) da ría ten que ver coa falta ou deficiencias do saneamento dos concellos.

Lores e profesioanis do mar alertan de que a contaminación mantén a catalogación da ría como zona C o que está a matar o seu medio de vida.