Rescisión do contrato de limpeza do Multiusos A Xunqueira

28

A xunta reitora do IMD decidiu iniciar o expediente de resolución do contrato de limpeza das instalacións deportivas do pavillón multiusos A Xunqueira á empresa Linorsa por incumprimento das cláusulas do contrato asinado no ano 2014, segundo anunciou a concelleira de Deportes, Anxos Riveiro ao término da xuntanza. Un proceso que pode prolongarse durante arredor de dous meses.

O Concello recibiu o pasado 12 de abril unha notificación da Tesorería General de la Seguridad Social relativa ao embargo que pesa contra a empresa Limpiezas del Noroeste SAU (Linorsa) polos pagos que ten pendentes até cubrir o importe da súa débeda que ascende a 179.593,65 euros.

As cláusulas do contrato de Linorsa inclúe entre as obrigas “estar ao corrente, en todo momento, das obrigas da Seguridade Social”.

A resolución do IMD propón a incautación da garantía do contrato dado que a resolución é por causa imputable ao contratista. O importe da garantía ascende a 4.212,36 euros.

Linorsa atende a limpeza do Multiusos A Xunqueira dende outubro do 2014. O contrato asinado ten unha vixencia de dous anos, prorrogables outros dous. Trátase, informa a concelleira Anxos Riveiro, dun contrato “menor” que ten un custo aproximado de 4.000 euros ao mes. Dúas traballadoras atenden o servizo.

Resolucion de Linorsa