A reforma de José Millán completarase coa mellora do cruce con Benito Corbal

35

A Xunta de Goberno local adxudicou hoxe as obras de reforma da rúa José Millán á empresa Covsa por 240.000 euros, segundo informou Raimundo González Carballo. O portavoz do Goberno Local explicou que o proxecto saíra a licitación por 285.989,39 euros polo que a oferta da empresa seleccionada supón unha rebaixa do 15%. 32 empresas puxaron polo proxecto.

A adxudicataria Covsa asumirá a execución da mellora da intersección das rías José Millán, Benito Corbal, Loureiro Crespo e Cobían Areal e a instalación dunha marquesina, actuacións valoradas en 6.400 e 14.246 euros respectivamente.

A proxecto de reforma da rúa José Mullán contempla un tratamento de bandas segregadas, cunha distinción física de materiais entre os distintos usos, que serán:

• Carril de tráfico rodado, realizado en aglomerado

• Beirarrúas, realizadas en lousa de cemento, confinada por bandas de pedra e separada do carril de tráfico por un bordo con diferencia de nivel semellante ao das rúas circundantes.

• Os tráficos peonís estarán priorizados fronte ós tráficos rodados. Tamén está prevista a substitución e instalación de servizos como: • rede soterrada de abastecemento de auga potable
• rede soterrada de esgotos separativa

• rede soterrada de gas natural
• alumeado público
• canalización de subministro de enerxía eléctrica • canalización telefónica
• canalización de cable de fibra óptica