A Misión Biolóxica trae a Pontevedra o Congreso Mundial de Brasicas

35

Pontevedra acollerá no ano 2017 o Congreso Mundial de Brasicas un certame cuatrianual que nesta ocasión organizará a Misión Biolóxica de Galicia. María Elena Cartea e Ana María Butrón, directora e vicedirectora do centro reuníronse hoxe co alcalde de Pontevedra, Miguel Ángel Fernández Lores, co fin de presentarlle o proxecto ao tempo que lle expuseron o interese da organización en promocionar a cidade entre os congresistas.

Pontevedra aposta polos eventos congresuais, deportivos… como impulsores da actividade económica polo que a iniciativa, que terá eco en numerosos países, é benvida.

Arredor de 300 científicos chegados de todo o mundo participarán nun congreso que se celebrou por última vez na cidade siciliana de Catania no ano 2012.

A Misión Biiolóxica que ten a súa sede en Salcedo é un centro do CSIC, referente internacional tamén no eido das brasicas (grelo, berza, repolo, brecol…) das que estudan, entre outras, ás súas propiedades e potenciais beneficios para a saúde.