A Axencia Galega de Infraestruturas da Consellería de Infraestruturas e Vivenda solicitou ao Concello de Pontevedra propostas, proxectos e suxestións, no marco do seu anunciado plan para a promoción de sendas peonís e ciclistas nas estradas de titularidade autonómica. Até sete proxectos remítelle o Concello tomando como base as necesidades apuntadas nos traballos recollidos na M-4 e a aposta pola mobilidade calmada e a prol das persoas que desenvolve o modelo urbano de Pontevedra.
O concelleiro coordinador do Rural, Demetrio Gómez, subliña que as propostas que pon enriba de mesa o Concello de Pontevedra para mellorar a mobilidade e seguranza nas estradas autonómicas que cruzan o termo municipal están vencelladas a potenciación dos núcleos de centralidade nas parroquias, á necesidade de garantir seguridade das persoas e son demandas veciñais.
Demetrio Gómez ve na petición da Consellería de Infraestruturas un certo tinte electoral mais agarda que a colaboración solicitada chegue a bo porto.
As actuacións propostas no informe técnico do Concello afectan ás seguintes estradas:
- PO-546. Pontevedra (Fernández Ladreda) – Marín (PO-551):
- PO 542. Ponte Bora (N-541) – O Pino (N-550): .
- PO-532. Pontevedra (avenida de Lugo) – Ponte Caldelas (PO-255):
- PO-531. Pontevedra – Baión (N-640)
- PO-225. Alba (N550)—San Caetano (PO-531)
-
PO-224. Ponte Bora (N-541) – San Antoniño (N-550)
PO-223. Pontevedra (N-550)- Campo Lameiro (PO-222)