O Concello repite os cursos de produtos fitosanitarios ante a elevada demanda

45

O Concello de Pontevedra volve a organizar cursos de formación para a obtención do carné de manipulador e aplicador de produtos fitosanitarios (nivel básico), ante a gran demanda de persoas que se dirixiron ao Concello solicitando que se repetiran os cursos.

Nesta ocasión, o Concello oferta 210 prazas distribuídas en cinco cursos que se impartirán na semana do 23 ao 30 de maio en sesións de mañá, tarde e noite. Terán unha duración de 25 horas (máis dúas de exame). O custe dos cursos é de 20 euros para o pago e a tramitación das taxas.

As persoas interesadas en participar nestes cursos poderán inscribirse a partir do luns, 2 de maio, no 3º andar do Concello, a partir das 09.00 horas.