A redución de preto de 2.000 vehículos por Rouco confirma que o tráfico de Barcelos era de axitación

17

Faltaba por coñecer os aforos da rúa Rouco para saber cal está sendo a afluencia real de vehículos á praza de Barcelos logo da peonalización dunha metade da praza. A Policía Local retirou esta semana os aforadores  que revelan unha redución de case 1.820 vehículos, é dicir, un 36% menos que antes da reforma.

Estes datos sumados aos tráficos da praza de Barcelos confirma que a circulación de axitación -é dicir, aqueles condutores que están dando voltas buscando un sitio para estacionar- supoñía arredor do 61% da circulación total na praza, é dicir uns 3.719 vehículos ao día.

Os datos son os seguintes:

Datos de tráfico na praza de Barcelos.

  • Praza de Barcelos *: Antes diante do colexio / Agora: no tramo de dobre circulación dende Padre Gaite até rúa Rouco.
  • Praza de Barcelos**: Antes, sen datos / Agora: no tramo de dobre circulación sentido Vasco da Ponte-Padre Gaite
  • C. Roffignac***: Entre Rouco e Santa Clara.

Cabe lembrar que a actuación de Barcelos é a primeira das medidas que se irán desenvolvendo na propia praza nos vindeiros meses para devolverlle á praza o protagonismo que ten como núcleo neurálxico deste barrio da cidade. Está previsto actuar na rúa Rouco para ampliar os espazos para os peóns e incluír a rúa dentro da estética do modelo de cidade imperante no resto da cidade; actuar na propia praza ampliando o parque e instalando outros elementos de xogo, deporte e lecer; mellorar o enlousado, o mobiliario urbano e as zonas verdes, e tamén o pavimento dos vías da praza, que se atopan en mal estado, entre outras actuacións

Ademais, a reforma emprendida en Barcelos tamén será o punto de saída doutras melloras que o Concello xa estuda facer noutras céntricas rúas da cidade antes do verán. Transformar en preferencia peonil rúas como Cruz Gallástegui, Castelao o Daniel de la Sota elevando a calzada, a petición do comercio, será outra das medidas que levará, á súa vez, aparellada un cambio da mobilidade a motor en toda a zona.