Pontevedra Film Commission abre as portas a facer gravacións no concello

68

Pontevedra pode ser un escenario de cine. Temos experiencia, mais agora queremos que esta posibilidade sexa un activo máis da cidade. Co obxectivo de facilitar aos profesionais do sector audivisual as gravacións no concello e a súa contorna nace Pontevedra Film Commissión baixo o paraugas da Concellería de Promoción Económica e da Cidade.

A carteira de servizos que presta esta oficina técnica -que está na Casa da Luz- inclúe: tramitación e axilización dos permisos de rodaxe, información actualizada de profesionais e empresas de produción e servizos, axuda a escolla de localizacións, información sobre medios loxísticos, asistencia de apoio ao produtor durante o tempo que dure a rodaxe e axuda á promoción e soporte cos medios de comunicación ao longo do proceso de creación. Tamén informa sobre posíbeis vías financiación, todo tipo de axudas e subvencións ás produccións audiovisuais de Galiza, do Estado e internacionais.

Os traballos serán valorados con criterios obxectivos entre os que salientan a rodaxe en versión orixinal galega, entendendo como tal a rodaxe/gravación en lingua galega, co obxectivo de impulsar a nosa lingua e rodaxe/gravación no noso concello valorando neste caso o número de secuencias en exteriores da cidade de Pontevedra.

Os profesionais que usen os servizos da Pontevedra Film Commission adquiren unha serie de compromisos:

    • A estrea realizarase nun local designado por Pontevedra Film Commission non podendo realizarse antes en ningún outro lugar.
    • Presencia de persoas representativas da rodaxe nas roldas de prensa de promoción.
    • Contar cun seguro de responsabilidade civil que cubra todos os riscos da produción. Todos os danos que se poidan causar durante a rodaxe, xa sexan sobre os participantes na mesma, sobre terceiros, mobiliario ou patrimonio. Debe estar vixente dende o inicio ata o fin da rodaxe e é aconsellable que continúe durante a posprodución. A maioría das administracións esixen un seguro para o outorgamento dos permisos de rodaxe.
    • Á finalización da rodaxe e posprodución débese entregar a Pontevedra Film Commission un DVD o soporte dixital que conteña: Tráiler, e Making of (onde indiquen o motivo polo que se roda en Pontevedra e porque coa Film Commission) con localizacións da cidade.
    • Todas as producións que recibisen a colaboración da oficina de Pontevedra Film Commission deberán facer constar nos títulos de crédito o nome de Pontevedra Film Commission, Concello de Pontevedra.

As persoas interesadas no proxecto poderán obter máis información en:

Miguel A. López Sánchez, coordinador de Pontevedra Film Commission

Enderezo: Casa da Luz, Praza da Verdura s/n Pontevedra 36002

Teléfono:

+34 986 100 185 ext 7465

Correo electrónico:

mlopez@pontevedra.eu

https://www.pontevedrafilmcommission.com