O Laboratorio de Iniciación ao Cabaré, dirixido por Nelson Quinteiro, celebrará os vindeiros 20, 21 e 22 de maio un obradoiro de iniciación ao Cabaré na Casazul.
O horario do curso será:
- Venres, 20 de maio: de 18.00 a 22 horas.
- Sábado e domingo, 21 e 22 de maio: 10.00 a 14 horas.
A inscrición é de balde até cubrir as 20 prazas ofertadas. Todas as persoas interesadas poderán inscribirse do 3 ao 20 de maio no enderezo: cabare3@gmail.com ou a través do teléfono 647647404 (aténdese tamén whatsapp).
Trátase dunha primeira toma de contacto que, en función da resposta, poderá devenir nunha actividade permanente do Laboratorio de Cabaré en Pontevedra.