A natureza achegarase á cidade pola marxe dereita do Lérez

72

A ampliación da senda fluvial do río Lérez na marxe dereita “introducirá a natureza na cidade”. É a filosofía que hai detrás do proxecto anunciado hoxe polo concelleiro coordinador do Rural, Demetrio Gómez.

“Trátase de respetar os valores naturais cunha mínima intervención” explica o concelleiro. Por unha banda faranse traballos de limpeza da senda (retirada de polas e árbores froito dos temporais e chuvias do inverno) e algún desbroce e eliminaranse especies invasoras… e por outra, acometerase unha obra civil mínima: arranxar muros e pasos de auga, repoñer chanzos ou arranxar un pouco desniveis de terreo en mal estado.

As actuacións nesta marxe terán un coste de arredor de 21.000 euros e estarán listas nesta mesma primavera.

A mellora e ampliación da senda fluvial do Lérez na marxe dereita irá dende a praia dos Fontáns polo antigo camiño de pescadores até a ponte do río Almofrei. Tamén a marxe esquerda -de características urbanas e accesíbel- chegará ate o río Almofrei co obxectivo de que no futuro se xunten as sendas dos dous ríos. O Concello inclúe na relación de obras de mellora de mobilidade solicitada pola Xunta a adopción de medidas de calmado de tráfico nesta ponte e cruce viario xa que son moitos, e no futuro serán máis, os peóns e ciclistas que pasan pola zona camiño dalgún dos distintas sendas e camiños tradicionais vecenllados aos dous ríos.