Un paso adiante na humanización do campus

53

A Universidade avanza na humanización do campus de Pontevedra. Após a posta en marcha da senda ciclista, a Comisión municipal de Urbanismo recibiu o proxecto de senda peonil e de permeabilización do paso na parcela que hai entre a rúa Celso Emilio Ferreiro e a avenida de Compostela e que xa foi avaliado pola Oficina Técnica de Medio Ambiente, Infraestruturas, Enxeñería e Servizos (OTMAIES).

O proxecto universitario, segundo explicou a concelleira de Urbanismo, Carme da Silva, inclúe a construción dunha pasarela de madeira en rampla que salve o desnivel que hai entre as dúas rúas e garanta a accesibilidade ao recinto universitario.

Ademais tamén contempla o adecentamento xeral deste espazo público, hoxe moi descoidado, cun axardinamento, árbores, mobiliario urbano e a preinstalación dunha futura rede de iluminación.

O investimento previsto para esta nova fase de humanización é de algo máis de 54.304, 75 euros.