Nova cuberta e carpintería para o pavillón de Marcón

31

O plan municipal de mellora das infraestruturas deportivas non esquece as parroquias. Nos próximos días comezarán obras de arranxo e posta a punta nos pavillóns deportivos de Marcón e Salcedo que suporán un investimento global de 50.958,87 euros.

As actuacións promovidas polas concellerías de Deportes e do Rural teñen como obxectivo corrixir importantes deficiencias que afectan dun xeito directo ao desenvolvemento das actividades ou incorporar novos elementos que axuden ao seu funcionamento.

As obras que se acometerán no pavillón deportivo de Marcón son as seguintes:

  • Renovación da cuberta, para deixar atrás as continuas filtracións de auga. A obra ten un custe de 26.795,17 euros.
  • Substitución da carpintería interior dos vestiarios que agora será de taboleiros de resina co fin de evitar as humidades que acabaron co existente. Esta actuación ten un custe de 20.134,40 euros.

    No pavillón de Salcedo acometerase unha intervención menor: a construción dun peche metálico -unha gaiola- para gardar o material deportivo. Esta actuación ten un custe de 4.029,30 euros.

    As obras están adxudicadas e comezarán de inmediato.