En marcha un plan de obras no rural con máis de 60 actuacións

30

Dende tapar fochancas en camiños até arranxar camiños enteiros, limpeza de cunetas, traballos en pasos de auga ou de drenaxe, melloras de accesibilidade, reparación de muros, medidas de calmado de tráfico.. até máis de 60 actuacións están previstas no plan de obras do rural anunciado hoxe polo concelleiro coordinador do Rural, Demetrio Gómez. Unhas actuacións que terán estar rematadas antes do próximo inverno e que suman un orzamento de 1,1 millóns de euros.

Demetrio Gómez aclarou que son obras asociadas ás consecuencias dos rigores do inverno e sinaladas como prioritarias polas propias veciñanzas a través dos consellos parroquiais.

“Non é unha relación pechada xa que estamos nunha avaliación de necesidades continua” subliña o coordinador do Rural quen puxo en valor o esforzo realizado polos servizos técnicos municipais, que fixeron nun tempo marca a avaliación dos danos e deficiencias e redactaron os proxectos de actuación. Tamén destacou o papel que xoga e xogará a brigada de Obras nestes traballos.

Demetrio Gómez tamén quixo dar as grazas dun xeito especial pola súa implicación e traballo realizado aos concelleiros responsábeis de parroquias Pilar Comesaña, Alberto Oubiña e Raimundo González Carballo e aos veciños e veciñas que a pé de camiño foron vendo as necesidades e axudaron a priorizar as actuacións.

Relación de obras