A bandeira do Campionato Europeo de Piragüismo Maratón ondea na cidade

38

A bandeira do Campionato Europeo de Piragüismo Maraton Pontevedra 2016 (European Canoe Marathon Championships – Pontevedra 2016) ondea dende hoxe na cidade. Quedan 50 días e poucas horas para o inicio dunha cita internacional na que deportistas de 23 países mediranse nas augas do Lérez, máis de 300 na categoría máster e arredor de 400 en elite. O evento desenvolverase dende o 26 de xuño até o 3 de xullo.

O alcalde Miguel Fernández Lores e o campión mundial de piragüismo Óscar Graña izaron hoxe a bandeira oficial do campionato nas inmediacións da ponte dos Tirantes. Fora a concelleira de Deportes, Anxos Riveiro, quen a recollera a o paso mes de xullo en Bohinj (eslovenia) de mans da Eureopean Canoa Association.

Óscar Graña -con dez medellas no Campionato Mundial de Pirgaúismo Maratón entre os anos 2004 e 2015, entre outros premios- non ten dúbida de que Pontevedra ten todo o mellor para a celebración dun campionato desta modalidade e categoría. Conta cun río Lérez, berce dunha grande e exitosa canteira de piragüistas e unha cidadanía sempre disposta a colaborar na organización dos eventos e a arroupar aos deportistas nas probas.

Miguel Fernández Lores, pola súa banda, definiu o campionato como un evento da máxima importancia: polo nivel dos participantes, polo espectáculo ao que vamos a asistir e porque unha vez máis un cita deportiva “vainos a posicionar no mundo”.

Dende o 26 de xuño até o 3 de xullo as probas seguirán o seguintes calendario: os días 28 e 29 de xuño será o Campionato de Europa Máster de Piragüismo Maratón, e os días 30 de xuño até o 3 de xullo será o Campionato de Elite nas modalidades xuvenís, sub-23 e Sénior. Nestas competicións poderán participar dous deportistas por país (2 masculinos e 2 femininos) nas modalidades de kayak e canoa.

.O Comité de Honor, Organizador e Executivo está integrado polo Concello de Pontevedra xunto coas federacións Española e Galega de Piragüismo, Deputación Provincial de Pontevedra e Xunta de Galicia

Toda a información sobre o evento poderase seguir na red: pontevedra2016.org @pontevedra2016 e facebook /pontevedra2016.