Exposto ao público o censo electoral

65

Dende hoxe, 9 de maio, e até o próximo día 16 de maio está a exposición pública o censo electoral. As persoas interesadas en comprobar que os seus datos están ao día poden achegarse ao departamento do Padrón, no Concello de Pontevedra. No horizonte hai dúas convocatorias electorais: as xerais de xuño e as autonómicas, previsiblemente para final de ano.