Eliminar o verquido de Cocheras, primeira proposta para sanear a ría

16

Máxima colaboración para acadar o saneamento integral da ría e un obxectivo modesto, un primeiro paso neste camiño: que a Xunta arranxe os verquidos de Cocheras. Con esta dobre proposta chegará mañá o alcalde Miguel Fernández Lores, á reunión convocada pola Xunta sobre o saneamento da ría de Pontevedra. Na xuntanza estarán os concellos da ribeira, cofradías e as conselleiras do Mar e Medio Ambiente.

O portavoz do Goberno Local, Raimundo González Carballo, explicou que os verquidos neste punto teñen que ver coas obras de construción da vía alternativa a Marín, a variante a PO- 546, entre O Regueiriño e a PO-11 polo que se “trataría de que se arranxe o desaguisado que provocaron no seu día”.

A substitución dun tramo da tubaria do colector de fecais de aproximadamente 300 metros cadrados “diminuíu a menos da metade” a capacidade da canle que ademais descorre por treitos con pendente nula ou lixeira subida.

Este problema foi comunicado en repetidas ocasións, e cos pertinentes informes técnicos, á Xunta sen éxito até o momento.

Colector de fecais