Non hai máis que dicir: os terreos de Montecelo son propiedade comunal

41

Na Xunta de Goberno Local deuse conta da sentenza ditada polo Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Pontevedra que declara que a porción do monte Montecelo na que se construíu no seu día o equipamento sanitario (hospital) é propiedade da Comunidade de montes veciñais e man común de Mourente.

A sentenza subliña a “inalienabilidade, indivisibilidade e imprescritibilidade” da propiedade comunal polo que declara “a nulidade radical, absoluta e de pleno dereito da escritura pública de data 19/5)1971 de cesión gratuíta o doazón outorgada polo Concello de Pontevedra a favor do Institúo Nacional de Previsión -hoxe TXSS- “ e insta á administración local a dirixirse ao Rexistro da Propiedade número 1 de Pontevedra co fin de cancelar a inscrición do terreo en litixio a nome do TXSS. Trátase dunha parcela de 39.306 metros cadrados sobre a que se levanta o hospital.

O Concello se cingue á declaración de nulidade do acto municipal e da actividade encamiñada á cesión, que no seu momento, se efectuou para a conformación da actual dotación sanitaria de Montecelo, actos que estuiveron axustados á legalidade do momento. Seguindo o exemplo do contencioso pola titularidade dos terreos da Brilat, o Concello da por resolto a contencioso e non presentará recurso.

Informe sentenza Montecelo