O piragüismo reina en Pontevedra

30

Polo río Lérez, O Pontillón e cinco clubs, berce de palistas de base e de éxito e pola aposta polo deporte o Goberno local e a cidade, o piragüismo reina en Pontevedra. O alcalde Miguel Fernández Lores e o presidente da Federación Galega de Piragüismo, José Alfredo Bea, asinaron hoxe un convenio anual colaboración para o fomento deste deporte cunha achega de 15.000 euros.

Os cartos van destinados a organización dos seguintes campionatos: Copa de España de 500 e 200 metros, con probas selectivas o día anterior; o Open Media Maratón Cidade de Pontevedra e Campionato de España de Mozas Promesas.

A celebración do Open Media Maratón servirá para probar por primeira vez nun campionato no mundo un sistema hidráulico de saída en liña, segundo explicou Alfredo Bea.

Convenio Piragüismo