Música e flashmob, o CITA celebra o Día dos Museos

39

O Centro de Interpretación das Torres Arcebispais (CITA) de Pontevedra súmase a conmemoración do Día Internacional dos Museos (18 de maio) cunha semana de actividades que comezará o sábado, 14 de maio coa celebración da Noite dos Museos. O CITA abrirá as súas portas dende as 18.00 horas ás 00.00 horas do domingo, nunha xornada gratuíta que terá seu punto álxido co concerto de Jazz de SPJ Trío con Dani Font (guitarra), Pablo Patiño (contrabaixo) e David Puime (batería) ás 22.00 horas.

O mércores 18 será o día grande para os museos do mundo, e o CITA conta coa colaboración do CIFP Carlos Oroza e profesorado e alumnado de Turismo e Hostalaría. Un día con xornada de portas abertas e horario ininterrumpido de 11.00 a 21.00 horas, onde teremos un flashmob na Praza da Peregrina desde as 10.00 ata as 13.00 horas, momento en que se procederá a probar unha torta conmemorativa. O flashmob é un baile coreografiado para a ocasión, buscando animar á cidadanía a participar e a visitar o centro. Nesta actuación colaborarán estudantes do IES Valle Inclán.

Desde o sábado 14 ata o venres 20 de maio estará en marcha a proxección da obra Ecos de recuerdos olvidados de Sheila Broullón Dávila, graduada en Belas Artes e cursando o Máster en Libro Ilustrado y Animación Audiovisual.

Dúas actividades pecharán a semana. A aposta pola educación co alumnado de historia do IES A Xunqueira I que disfrutará dunha visita dirixida por Fernando Carrera, mestre da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia, e a clausura coa actuación de varios grupos de cámara do Conservatorio de Música Manuel Quiroga de Pontevedra o venres 20 ás 20:00.

cartel_DIM2016 1Programa Día Museos