Traballos na rede de saneameno do Gafos para arranxar danos do inverno

28

Os danos e efectos negativos (deterioro) sobre as infraestruturas provocados polas intensas chuvias dos últimos meses e tamén polo transcorrer do tempo – rexistros desplazados, caídas de terra e muriños de contención, atrancos…- obrigaron a realización de distintos traballos de reparación e mantemento na rede de saneamento e no leito do río Gafos, segundo explica o concelleiro responsábel do Ciclo da Auga, Raimundo González Carballo.

Operarios de Viaqua acometeron traballos de reparación, reposición e mantemento en distintos tramos do río, no seu paso polo rural pontevedrés. Son traballos previstos no contrato do servizo municipal de auga e que, polo tanto, están ao marxe do proxecto de saneamento integral do Gafos que acometerán o Concello e a Deputación de xeito conxunto, após de que Augas de Galiza e a Xunta anularan unilateralmente a final do paso ano o convenio para o saneamento deste río aludindo a que no daba tempo de levar a cabo unha actuación que está dentro do programa Operativo Feder Galicia 2007-2013, que obrigaba a que as accións subvencionadas es executadas antes do remate do ano 2015.

O compromiso co medio ambiente e coa calidade de vida da veciñanza leva ao Concello a procurar novos aliados (neste caso a Deputación) e a seguir adiante co proxecto de saneamento do Gafos, que terá un custe aproximado de 1,1 millóns de euros.