Ciencias do Deporte e da Saúde, unha maridaxe perfecta

18

O Pazo da Cultura de Pontevedra acollerá o XII Congreso Internacional de Ciencias do Deporte e da Saúde. A cita, de carácter multidisciplinar, desenvolverase dende o 2 até o 4 de xuño.

A continuidade no tempo e a apertura a novas disciplinas fan de este encontro un referente no Estado e internacional que amosarase de novo cunha alta participación de poñentes e asistentes, chegados de Galicia e do resto de Estado, e de países tan diferentes como Portugal, Francia, Colombia, México ou Sudáfrica.

O prazo de inscrición aínda estará aberto até o 27 de maio. Información na web www.congresodeporte.com no email sportis@sportis.es ou no telf 657459795

26 conferencias, 170 comunicacións e pósters, preto de 400 asistentes, 6 áreas temáticas -saúde e hixiene, ocio e tempo libre, didáctica da educación física, rendemento, xestión e organización deportiva e socioloxía e psicoloxía no deporte-,  tres premios aos mellores traballos e un diploma baremable para as oposicións falan da magnitude dun evento que naceu co reto de darlle mellor formación e un espazo para a presentación de traballos de investigación ao alumnado universitario e que mudou nun congreso internacional e multidisciplinar. Vai dirixido a profesionais e estudantes de Ciencias da Actividade Física e o Deporte, Medicina, Fisioterapia, Enfermería, Nutrición, Psicoloxía e Educación Física.

O alcalde de Pontevedra, Miguel Fernández Lores e o vicerreitor do campus de Pontevedra, José Manuel Corbacho, presentaron hoxe o XII Congreso subliñando a aposta polo deporte e actividade física, e pola innovación e investigación que fai Pontevedra. As universidades de Vigo e A Coruña e o Concello van da man.

Cartel 12 Congreso Internacional Pontevedra 1