O CEP Marcos da Portela, premio do público Salón do Libro 2016

24

Co afán de escoller o traballo máis popular e darlle voz ás opinións das máis de 32.000 persoas que visitaron o Salón do Libro “Canta Bichería” 2016 ao longo de 3 semanas,  outorgouse un ano máis os premios do público.

Logo de recontar case 1300 votos, dos que 122 resultaron ser nulos, o CEP Marcos da Portela con 138 papeletas  foi o máis votado. Un traballo volumétrico que  representaba diferentes ecosistemas e os bichos que neles habitan: Bicherío da costa, da horta e do bosque  feitos con cartón cartulina, pasta e diferentes materiais acompañado de diferentes contos.

O seguiron  o CEIP Vilaverde Mourente con 118 e moi igualados o CEIP Xunqueira 1 con 105 e 102 do Santiago Apostol.(Soutomaior).

Os traballos, na súa maioria maquetas acompañadas de libros, foron un total de 45 con representación de numerosos centros do Concello de Pontevedra e parroquias, Vilagarcía, Ponte Caldelas, Cangas, Vigo, Rianxo, etc

Todos os centros recibiron votos por parte do público visitante, co que se pon en valor o traballo dos diferentes centros de ensino, aos que, novamente a organización do Salón do Libro agradece a implicación e o esforzo realizado durante meses.  Por este motivo,o profesorado será convocado próximamente a un acto de entrega de diplomas no que, coma outros anos, haberá un contacontos para adultos.