Comeza a reforma da rúa José Millán

41

O concelleiro delegado da área urbana, Luís Bará anunciou esta mañá que o vindeiro martes, 24 de maio, comezará a reforma da rúa José Millán, adxudicada á empresa Covsa por 240.000 euros.

O proxecto contempla un tratamento de bandas segregadas, cunha distinción física de materiais entre os distintos usos, que serán:

    • Carril de tráfico rodado, realizado en aglomerado
    • Beirarrúas, realizadas en lousa de cemento, confinada por bandas de pedra e separada do carril de tráfico por un bordo con diferencia de nivel semellante ao das rúas circundantes.
    • Os tráficos peonís estarán priorizados fronte aos tráficos rodados.

Tamén está prevista a substitución e instalación de servizos como:

    • rede soterrada de abastecemento de auga potable
    • rede soterrada de esgotos separativa
    • rede soterrada de gas natural
    • alumeado público
    • canalización de subministro de enerxía eléctrica
    • canalización telefónica
    • canalización de cable de fibra óptica

A rúa José Millán presenta nestes intres uns espazos públicos desaxeitados e

obsoletos que están a dificultar a súa utilización por parte dos veciños. Polo tanto,

resulta congruente a súa priorización como ámbito de actuación cara a conseguir a completa transformación da zona para o uso e disfrute.