Turismo e gastronomía, potenciais pontes con Hong Kong

50

Procurar potenciais nichos de intercambios comerciais e turísticos e tecer os vimbios da vista dunha embaixada empresarial e municipal de Hong Kong, que podería estar en Pontevedra e as Rías Baixas no próximo mes de novembro. Con este dobre obxectivo está entre nós unha delegación da Asia Spain Association Cultural Exchange de Hong Kong coa directora de Márketing e cofundadora da organización, Sally Lui, ao fronte. A delegación chinesa está centrando o seu traballo en dos eidos fundamentais: o turismo e a gastronomía, sen deixar de lado outras colaboracións que poidan xurdir.

A Asian Spain Association Cultural Exchange de Hong Kong promovera un encontro empresarial co alcalde de Pontevedra, Miguel Fernández Lores, cando no pasado mes de novembro viaxara á cidade asiática a recoller o Euro-China á Mobilidade Urbana Intelixente (Euro China Stmart Mobility City Award) na categoría de Deseño Urbano / Planificación urbana.

Sally Lui apuntou ao turismo como un eido con grandes potencialidades. O Camiño de Santiago, con Pontevedra cunha localización xeográfica privilexiada e gastronomía poden ser a base dun produto turístico ad hoc. Para avanzar nesta proposta mantiveron (ou van a ter nos próximos días) contactos e visitas co presidente da Fundación Amigos do Camiño, Celestino Lores; co responsábel do Consello Regulador DO Rías Baixas e do Consello Regulador de Licores e coas bodegas Martín Codax, Bodegas Gil e Pazo de Señorás; coñeceron en vivo o proceso produtivo lácteo nunha pequena explotación gandeira, funcionamento dunha lonxa ou unha firma pioneira como Hifas da Terra ou Pescamar, coa empresa de transporte de viaxeiros InterRías; coa cultivadora de camelias Carme Salinero, etc.

Os produtos gastronómicos galegos poderían ter cabida, mantén o responsábel de import- export da organización en Madrid, nunha feira de produtos gastronómicos que promoven e que se vai a desenvolver en Hong Kong e que despois rulará por varias cidades chinesas.

Trátase de potenciar a promoción de Pontevedra e da comarca dun xeito integral, subliña a concelleira de Promoción da Cidade, Anabel Gulías quen, de chegar a bo porto a visita da embaixada asiátuca de novembro, intercambiará posibilidades de cooperación coa responsábel de turismo da municipalidade de Kong Kong