Asfaltamos a vía interparroquial que une Santa María e Santo André

33

A concelleira delegada de Santa María de Xeve reuniuse co consello parroquial co fin de informar á veciñanza das próximas actuacións que acometerá o Concello de xeito inminente e a curto prazo. E ademais, como sempre, recolleu suxestións dos asistentes para seguir avanzando na mellora da contorna e da calidade de vida dos residentes.

  • As obras que comezarán de inmediato na parroquia son as seguintes:
  • Ancheamento da pista e construción de muro nos Fontáns
  • Ancheamento e construción de muro na Costiña de Xeve

Construción de cuneta en Cons.

Pilar Comeseña informoulles tamén do inicio a curto prazo dunha obra cualificada de “importante e prioritaria” tanto polos veciños e veciñas como polo Concello. Trátase do asfaltado completo e o arranxo e construción dos muros de contención necesarios da pista de Maunzo, a vía interparroquial que comunica Santa María e Santo André.

Por outra banda, a concelleira informoulles tamén de que os técnicos están na recta final da elaboración do proxecto de campo de fútbol de Santa María e a piques de chegar ao concello. Cando chegue comezará de inmediato a tramitación.

Os representantes veciñais aproveitaron a xuntanza coa concelleira para facerlle novas suxestións e propostas para a zona como distintas obras menores, que serán atendidas a corto prazo pola brigada municipal. Trátase do arranxo de danos e o bacheo de diferentes tramos da rede viaria. Os desperfectos foron causados polas abundantes e intensas chuvias dos últimos meses. Os veciños tamén pediron melloras na sinalización da parroquia.