A Concellaría de Promoción da Cidade pon en marcha unha nova oferta de formación para a cidadanía aberta a todos os veciños e de balde. É unha oferta de calidade cunha dimensión máis prágmática que os programas Arela e Verea, xa que está pensada como formación de carácter tradicional. Farase a través dunha Plataforma dixital.
Ofertaranse oito cursos con 480 prazas en total. Os cursos son:
- Manipulador de alimentos (10 horas). Inicio en xuño
- O proceso comercial: a xestións administrativas. (25 horas). Inicio en xuño
- Inglés (certificación A1). (50 horas). Inicio en xulio
- Prevención de riscos laborais (60 horas). Inicio en xulio
- Alemán: iniciación (50 horas). Inicio en setembro
- Carretilleiros (25 horas). Inicio en setembro
- Inglés (Certificación A2) (50 horas). Inicio en outubro
- Deseño asistido por ordenador (40 horas). Inicio en outubro
A concelleira de Promoción da cidade, Anabel Gulías explicou que son os cursos máis demandados.
As persoas interesadas poderán inscribirse desde este mesmo momento na plataforma dixital a través da que se impartirá o curso: www.planon.gal