A universidade de Louvain quere coñecer Pontevedra, “unha bela utopía realizada

57

Pontevedra será obxecto de estudo na NightShop organizada pola Universidade de Louvain sobre as utopías urbanas este mércores, 25 de maio. A cidade estará representada polo alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, que compartirá mesa con Marc Fleurbaey, economista, profesor da Universidade de Princeton e experto en desigualdade; Georgios Maillis, arquitecto principal da ciudade de Charleroi; e Philippe Van Parijs, profesor de la Universidade de Louvain e de Oxford. O debate estará moderado por Béatrice Delvaux, editorialista en xefe do xornal Le Soir.

A Universidade de Louvain, que conta na Bélxica francófona, con arredor de 30.000 estudiantes, está abordando neste 2016 “As utopías do tempo presente”, unha singular forma de celebrar o 500 aniversario da publicación do libro Utopía, de Tomás Moro (1516).

Logo de coñecer a experiencia urbana de Pontevedra nun documental da Televisión francesa 2, a Universidade belga quere coñecer a experiencia de primeira man. De feito, recoñecen que “a cidade de Pontevedra é, a día de hoxe, unha bela utopía realizada”.

O acto celebrarase no Centre Culturel rexional de Charleroi, de 19.00 a 21.30 horas.