Pontevedra, referente no VI Encontro de cidades para a Seguridade Vial da DXT

37

A tenente de alcalde, Carme da Silva, comprobou unha vez máis que o de Pontevedra é un modelo urbano coñecido e recoñecido, un referente de mobilidade e ousadía. Neste ocasión foi no marco do VI Encuentro de ciudades para la Seguridad Vial y la Movilidad Sostenible da Dirección Xeral de Tráfico (DXT) que se está a desenvolver en Badaxoz.

Da Silva participou está mañá na primeira mesa de debate das xornadas: “Cara a un novo modelo de cidade” na que compartiu espazo con Javier Villalba Carrasquilla, xefe da Unidade de Ordenación Normativa da DXT; Antoni Poveda Zapata, presidente da Rede de cidades pola Bicicleta e Jorge Romea Rodríguez, responsábel do PMUS do Concello de Rivas Vaciamadrid.

Máis de 300 persoas participan neste foro de análise e debate no que a tenente de alcalde expuxo as características dunha cidade que prioriza ás persoas por enriba de todo e foi interpelada por asistentes de Albacete, Ávila, Bilbao, Barcelona, Pamplona…

“Os máis xa tiñan referencias da calidade urbana de Pontevedra, coñecían publicacións como o libro da Fundación Pons polo que a xente interesouse por cuestións máis puntuais como o modelo de estacionamento de servizos, de como chegamos ás ratios de seguridade vial da cidade ou as estratexias para disuadir aos tráficos non necesarios de que entren no centro” explica Carme da Silva