Loitamos contra a praga da falsa oruga dos freixos, na Praza de Galicia

33

O departamento de Medio Ambiente Natural comezou a loita contra a falsa oruga do freixo. Os freixos das especies Fraxinus excelsior e especialmente Fraxinus angustifolia situados na Praza de Galicia e o seu entorno -Avda Augusto García Sánchez, Praza da Constitución etc- están afectados por unha praga recorrente causada por un insecto himenóptero do xénero Macrophya coñecido comunmente como falsa oruga do freixo. Neste espazo urbano hai 250 árbores desta especie.

O tratamento que se está a facer este ano -e que comezou hoxe- consta de dúas actuacións. Primeiro faise un tratamento mediante endoterapia con insecticida (abamectina) que diminuirá o número de exemplares de oruga que se verán afectados cando se alimenten das follas dos exemplares tratados.

Despois, no momento en que estas orugas baixen polo tronco para a súa hibernación no solo, colocaranse trampas de film de policarbonato transparente que permitirán diminuír o número de orugas que cheguen a completar o ciclo e por tanto, o vindeiro ano, o efecto deste insecto será moito menor.

O obxectivo desta actuación é abaixar o umbral de plaga, é dicir, que o efecto do insecto non sexa comprometido para a árbore poñendo en risco a súa supervivencia.
Os danos que causa esta especie son debidos a dúas causas. Por unha banda, a perforación das follas que o insecto adulto provoca cando emerxe a principios da primavera e fai a posta nestas follas. E despois da aparición das orugas a defloliación é casi total nalgúns casos debido a que as orugas aliméntanse destas follas facendo que os exemplares queden moi danados.