O Concello habilita seis novos colexios electorais para cumprir a normativa de accesibilidade

57

O Concello de Pontevedra acaba de proponer variacións nos colexios electorais para as vindeiras eleccións xerais do 26 de xuño para tratar de cumprir a normativa de accesibilidade, así como para prestar máis servizos.

Os cambios propostos son os seguintes:

    • Alba: até o de agora o colexio electoral era no Teleclub de Alba que tiña importantes deficiencias de accesibilidade e, incluso, de servizos, polo que se propón crear dous colexios electorais: un no Centro Social da Devesa para os lugares de O Bispo, A Devesa, Lampreeira e San Caetano; e outro no Centro Cultural de Reiriz, para os lugares de Guxilde, Pontecabras, Rairiz e Touceda.

Ademais, créanse estes dous colexios electorais dado que a parroquia de Alba ten dous núcleos ben diferenciados (un cara a estrada de Vilagarcía e outro cara a estrada de Santiago) que están bastante distantes uns dos outros.

    • Cerponzóns: até o de agora o colexio electoral estaba na Casa rectoral de Cerponzóns, e pasa ao Centro Social de Meán.
    • Salcedo: até o de agora había dous colexios electorais nos respectivos CEIPs da parroquia (Igrexa e Cabanas), faise un só colexio electoral na Casa Verde (o novo local social) xa que é un centro novo, accesible en todos os seus servizos.
    • Distrito 02- Seccións 008 e 016 (cidade): até o de agora os colexios electorais eran na Residencia de Estudiantes de Caixanova e tamén na delegación de Sanidade da avenida de Vigo. Agora o novo colexio electoral está no IES Frei Martín Sarmiento.
    • Distrito 02 – Sección 004 (cidade): Até o de agora o colexio electoral estaba no CEIP Barcelos e pasa ao Arquivo provincial.

O número de urnas electorais mantéñense en 106 xa que algunhas redúcense a unha e noutros casos amplíanse a dúas, como pode ser en Alba.