A partir do luns, poderanse notificar ao Concello as fogueiras de San Xoán

62

Un ano máis, o Concello de Pontevedra volve recordar os vecinos e asociacións que queiran celebrar o San Xoán que deberán comunicar á administración local a través dunha instancia o lugar no que se fará esa fogueira, ademais de ter a obriga de cumprir unhas normas de seguridade.

As persoas interesadas poderán recoller as súas instancias a partir do vindeiro luns, 30 de maio, no Rexistro xeral do Concello e poderán presentalas até o vindeiro 17 de xuño, ás 13.00 horas.

Serán os bombeiros quen, posteriormente, supervisen todos os espazos nos que se celebrarán estas fogueiras.

Normas fogueiras