O Concello contratará 20 perceptores de Risga para as brigadas municipais

58

A Xunta de Goberno aprobou esta mañá as bases para a contratación de 20 persoas perceptoras de Risga a través dunha subvención da Consellería de Benestar Social de máis de 235.0000 euros. Serán 12 persoas que realizarán traballos na Brigada de Obras, 2 para Cemiterios, e 6 para xardíns.

O período de contratación será por sete meses cunha xornada laboral do 75%. Os traballadores escollidos percibirán iguais soldos que os traballadores municipais en igual responsabilidade.

As persoas interesadas deberán estar inscritas no Inem e tamén ser perceptoras de Risga. Será o Inem o que facilite unha listaxe de posibles traballadores ao Concello seguindo os criterios das bases aprobadas esta mañá na Xunta de Goberno. Logo será o Concello o que fará a escolla dos 20 traballadores que finalmente se incorporarán ás brigadas municipais.

No prazo dun mes, os traballadores deberán estar contratados, polo que poderán comezar a traballar na última semana do mes de xuño.

Con esta contratación o Goberno Local e a Concellaría de Benestar Social evitar que este tipo de persoas caian no risco de exclusión social e darlles entradas ao mundo laboral.