Chega o programa de lecer infantil e xuvenil Ponteverán 2016

110

Por enriba de todo gozar. Con este obxectivo chega Ponteverán 2016 o programa lúdica e educativo que deseña e oferta a Concellería de Xuventude para os meses de xullo e agosto. Campamentos e actividade de tempo libre; actividades culturais, deportivas e mo medio natural e actividades formativas conforman a programación.

“Non facemos gardería, non somos ludotecas, o noso obxectivo non é a conciliación familiar” subliñou o concelleiro de Xuventude, Demetrio Gómez, durante a presentación de Ponteverán 2016. “O que queremos é que os nenos e nenas, os mozos e mozas gocen das actividades” engadiu.

Todas as actividades están baseadas en valores de igualdade, convivencia, respecto ao ambiente, coñecemento da propia cultura e de promoción da actividade física e o deporte.

É importante ter en conta que é necesario facer preinscrición para os campamentos e actividades de tempo libre. O prazo ábrese o 6 de xuño. Cada nen@ ou moz@ poderá inscribirse nunha actividade aínda que porá poñerse en lista de agarda en outras por se quedaran prazas libres.

Ponteverán 2016 oferta un total de 739 prazas. O reparto é o seguinte:

  • 180 prazas en campamentos e obradoiros para nen@s e moz@s de 8 a 15 anos.
  • 401 prazas para actividades culturais, deportivas e no medio natural
  • 158 prazas en actividades formativas

A preinscrición pode ser on line, presencial, telefónica ou por e-mail. Contactos:

www.xuventude.pontevedra.eu

Oficina Municipal de Xuventude de Pontevedra. Rúa Sor Lucía, 2, 3o . Telf. 986.840.367 (horario de luns a venres de 9 a 14 horas)

xuventude@pontevedra.eu

PROGRAMA PONTEVERAN 4