O IMD rescindirá o contrato con Linorsa

24

A xunta reitora do IMD (Instituto Municipal de Deportes) decidiu, en sesión extraordinaria resolver o contrato de limpeza do pavillón multiusos de A Xunqueira asinado coa empresa Linorsa (Limpiezas del Noroeste SAU)“por incorrer o contratista en causa de prohibición sobrevida para contratar ao non estar ao corrente no pagamento das débedas e cotas coa Seguridade Social”.

A decisión inclúe incautar a garantía definitiva deste contrato dado que a resolución é por causa imputable ó contratista. Dita garantía é de 4.212,36 euros.

O órgano de goberno do IMD aprobou tamén que, cando sexa definitiva a resolución do contrato, “se inicie expediente de declaración de prohibición de contratar co Instituto Municipal de Deportes de Limpiezas del Noroeste SA polo prazo de dous anos para todo tipo de contratos que celebre con este organismo autónomo e solicitar á Xunta de Goberno Local do Concello de Pontevedra que estenda esta prohibición de contratar a todo o sector público que integra o Concello de Pontevedra”.

Ademais engádese que unha vez declarada a prohibición de contratar, solicitar a inscrición desta declaración no Rexistro de Licitadores de Galicia..