Aberto o proceso para solicitar nichos en San Amaro e Ponte Sampaio

32

O Concello de Pontevedra abre hoxe o prazo para a solicitude de nichos nos cemiterios municipais de San Amaro e Ponte Sampaio.

Como é coñecido, a oferta de nichos é de 325 repartidos do seguinte xeito:

    • 241 en San Amaro
    • 84 en Ponte Sampaio

O prazo para presentar as solicitudes será de catro meses, dous máis do que viña sendo o prazo habitual. É dicir, as persoas interesadas en facerense con algunha concesión terán até outubro para formalizar a petición.

Cada solicitante poderá pedir a concesión dun mínimo dun nicho e un máximo de catro.