O Concello e a Asociación San Martiño ratifican a súa colaboración anual

29

O Concello de Pontevedra e a Asociación Músico-Cultural San Martiño de Salcedo ratificaron esta mañá o convenio anual de colaboración para o fomento e sostemento das accións que esta asociación faga durante o ano 2016.

O importe do convenio é de 32.625 euros e a cambio a asociación, especialmente a través da Banda de Música de Salcedo, participará en distintas actividades músico-culturais ao longo do ano. Estas actuacións son:

    • Cabalga de Reis
    • Concerto de primavera
    • Actuación no Día das Letras Galegas
    • Concerto da Coral no Ciclo de Bandas
    • Concerto da Banda de Música no Ciclo de Bandas
    • Concerto Banda Xuvenil no Ciclo de Bandas
    • Concerto man a man
    • Concerto de Santa María
    • Concerto na praza de José Martí no día de San Bartolomeu
    • Actuación na xuntanza anual “Amigos de Campolongo”