Pontevedra, placa ao mérito deportivo da Federación española de Balonmán

33

A Federación española de Balonmán vén de premiar ao Concello de Pontevedra coa placa ao mérito deportivo na modalidade de institucións, recoñecemento que comparte xunto ás Deputacións provinciais de Almería, Castellón, Málaga e o Concello de Irún.

No apartado de Federativos, tamén se lle outorgou á medalla e insignia de Ouro ao mérito deportivo á Nieves Gamallo, pontevedresa fundadora do primeiro club de balonmán feminino de Pontevedra: C.B. Enxoval.

Estes galardóns foron decididos na Xunta directiva da Federación española de Balonmán o pasado 21 de maio, e ratificados o 1 de xuño. A súa entrega está prevista para o 18 de xuño, sábado, ás 20.30 horas en Ciudad Real.

Máis info: https://www.rfebm.net/noticias.asp?id=25711