Xoán XXIII, encargada do mantemento dos espazos de centralidade parroquial no rural

24

O Concello de Pontevedra acaba de asinar un contrato de traballo coa Asociación Xoán XXIII que será a encargada de acondicionar e realizar traballos de mantemento e mellora de todos os núcleos de centralidade parroquial no rural.

Os traballos comezarán na semana entrante polo barrio de Ponte Muíños, en Lourizán, onde se fará un repaso xeral a todo o barrio (no ámbito das piscinas, o estacionamento detrás do antigo colexio, os noiros e vías de acceso…), para continuar polo resto da parroquia, e seguir, progresivamente, por todos os núcleos do rural durante todo o verán.

Faranse labores de limpeza, roza, pequenos arranxos… que permitan manter en bo estado de uso todos estes espazos de encontro dos veciños do rural durante o verán.