Aprobada a contratación para levar a auga potábel a Cabanas

29

A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá o proceso de contratación da dotación de auga potábel do núcleo de Cabanas, polo que se abastecerá de auga ao pavillón de Salcedo e tamén ao colexio de Cabanas.

Trátase dun proxecto histórico que tivo moitos problemas para poder obter unha solución final. Unha vez que se dotou de auga á estrada nacional 550 é posible dar auga ao núcleo de Cabanas, e levar un ramal cara o pavillón.

Este proxecto ten un custe de 128.924,25 euros e un prazo de execución de dous meses.

Está previsto a instalación de 1.556 metros lineais. No orzamento está previsto a instalación de tubaxes, movementos de terra, asfaltado e todas as obras complementarias.