Sae a contratación a reforma do primeiro campo de herba sintética da Xunqueira

25

A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá o proceso de contratación da renovación do primeiro campo de herba sintética que fixo o Concello de Pontevedra na Xunqueira. É un campo de fútbol 11 que terá un custe de renovación de 363.233,01 euros.

A súa construción fíxose no ano 1999 e foi renovado en 2005, porque foi preciso renovar a totalidade do céspede. Pero a recuperación que se acometerá agora vai máis aló que cambiar todo o céspede. Tamén está previsto crear unha beirarrúa perimetral, un valado perimetral, substituír as porterías, colocar novos puntos de rego, a iluminación das bancadas e os banquillos.

A execución prevista é de 2 meses, polo que está previsto que toda a obra estea rematada para a vindeira tempada.

Este novo campo estará homologado para os estándares da FIFA polo que se poderán disputar nel partidos de competición oficial.