Sétima Feira sae a rúa para dicir até setembro

26

Sétima Feira despídese até setembro e semella que vai saír o sol. Polo tanto na súa quinta cita -o próximo sábado 11 de xuño- tomaremos a Rúa Serra e imos facelo da man de interesantes propostas ao redor da moda sostible made in GZ.

Tamén contaremos co taller de bicis de Fixed&Single Bikes , e como ven sendo habitual, haberá un oco para os vermús, espazo gastro e moita moita música coas picadiscos Sarandonga e LKB, e a música en directo de “Los Televisores” e “4th foundation live” .

Ademais, na Sétima Feira Infantil, a cativada poderá achegarse ao mundo do grafiti con O Ŕ AS dende as 11 h ata as 15 h, totalmente de balde.

Terán posto na Sétima Feira do próximo 11 de xuño as seguintes firmas:

  • STUMPSISTER, téxtil
  • Índica&Nórdica, xoias
  • PAPP UV, gafas de sol
  • Lovely Blanca, bolsos
  • Leónlagata, xoias
  • Lastareixas, bolsos
  • Tukokedama

  • Ana Villegas, ilustración
  • Mao, téxtil e complementos
  • ToupaMonstro, téxtil
  • HeyJuddy, cerámica
  • Thunders Love, calcetíns
  • Racataplán, roupa infantil
  • Boh, deseño e creación gráfica
  • Xiro, jeans ecolóxicos
  • Fixed&Single Bikes, bicis
  • El mono con sombrero, espazo gastro

Programa

  • 11.00- 13.00 horas. Dj Sarandonga e LKB
  • 13.00-14:00 horas. Los Televisores (música en vivo)
  • 14.00-15.00 horas. 4th foundation live (música electrónica)

Sétima Feira é o mercado alternativo do segundo sábado de cada mes que naceu, promovido pola Concellería de Promoción Económica e da Cidade co obxectivo de dinamizar a escena creativa da vila, favorecendo un espazo para a venda e o emprendemento e apostando pola colaboración entre os/as novxs creadorxs e o comercio local. Pensado para estar na rúa debido ao mal tempo ocupou o primeiro andar do mercado de abastos até o peche de tempada que de cumprirse as previsión instalará os postos na rúa.

Sétima Feira fará un descanso estival ata o mes de setembro. A oficina de Sétima Feira pechará ata finais de agosto, pero o enderezo electrónico setimafeira@pontevedra.gal seguirá estando operativo.