Salcedo avanza na consolidación do que é o núcleo de centralidade parroquial coa aprobación, por parte da xunta de goberno local, do proxecto e contratación de novas actuacións ao redor do eixo formado pola Casa da Xunta de Montes, a Casa Verde (centro social), o parque infantil e a igrexa.
Estas actuacións teñen un orzamento global de 397.398,51 euros.
O portavoz do Goberno Local, Raimundo González Carballo, sinalou que se vai a proceder á integración paisaxística e funcional deste equipamentos. Os traballos a desenvolver faranse cos parámetros de calidade urbana que se están a implantar en toda a cidade.
Entre as actuacións previstas está a construción dun auditorio ao aire libre entre a Casa da Xunta de Montes e a Casa Verde
González Carballo lembra que o proxecto aprobado conta coa aval da veciñanza xa que o movemento asociativo de Salcedo participou dun xeito activo con suxestións ao longo de todo o proceso de redacción.