O Consello Aberto da Feira Franca reuniuse onte no Concello de Pontevedra para facer balance da pasada edición e comezar a traballar na vindeira que será os próximos 2 e 3 de setembro. A temática desta edición é a música.
Ademais, dende hoxe está aberta a Oficina da Feira Franca no antigo edificio do Conservatorio, na rúa Alfonso XIII. Como vén sendo habitual, a Oficina da Feira Franca tramitará todas as solicitudes para participar no mercado tradicional, nas ceas e xantares, así como todas as solicitudes da hostalería.
O horario de atención ao público é de 09.00 a 14.00 horas, e as peticións poderanse presentar até o 15 de xullo.
O teléfono de contacto da Oficina da Feira Franca é 986 860 587.