O Concello de Pontevedra colabora na organización da Campionato Galego de Waterpolo Alevín mixto de verán que organiza o Club Waterpolo Pontevedra este sábado, 18 de xuño, nas piscinas do Mercantil en Mourente.
Neste campionato participarán sete equipos galegos e iniciarán os encontros ás 11.30 horas para rematar ás 19.30 horas. A entrega de medallas será ás 20.00 horas.
A entrada é de balde.
Waterpolo na rúa
Paralelamente, o Club Waterpolo Pontevedra continúa coa súa campaña de captación de socios, polo que este venres, de 17.00 a 20.00 horas fará distintas actividades na praza de Ourense co obxectivo de dar a coñecer este deporte entre a cidadanía.